INSCRÍBETE

FAITE SOCI@

 Para facerte socia/o da ANPA "A BOCA" só tes que ingresar ou transferir 15 € (cota porcurso e familia) ó número de conta de ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641e entregar a ficha de inscrición que acompaña a esta comunicación, debidamente cuberta, na conserxería do colexio.- Se prefires pagar en efectivo, os martes do mes de xaneiro de 14.30 a 15 horas e de 16.30 a 17 horas podes atoparnos no local da ANPA. Cantos máis socios sexamos, máis recursos, ideas e proxectos pódense poñer enmarcha dende a nosa asociación. Poderemos facer máis eventos educativos nos quecoñecernos todos e integrar mellor a toda a comunidade educativa, pais e nais, docentes, alumnos e todo o colectivo que directa ou indirectamente colabora outraballa no noso colexio. 



Abrimos un buzón de suxestións para que se tes algo que dicirmos non te quedes coas ganas. ¿Cómo facer unha suxestión?


1. Por e-mail, anpacpivedra@gmail.com
2. A través do formulario da nosa web.

Preferimos que todas as suxestións se fagan por escrito, xa que así quedan gardadas e son máis doadas de xestionar. Recordade que facemos esto no noso tempo libre, de xeito totalmente voluntario e altruista.

Queredes unha comunicación máis activa? Estamos a explorar novos xeitos de comunicación cospais. Ponte en contacto con nós para darte de alta no noso grupo de Telegram. LEMBRADEDESCARGAR A APLICACIÓN!!!

SEGURO ESCOLAR

As coberturas son as mesmas do ano pasado:
- Gastos sanitarios: ilimitados.
- Rotura de gafas: 150 € por sinistro.
- Gastos de estudo: cando o sinistro impida a asistencia por un periodo superior a un mes, 3000 €.
- Invalidez permanente: ata 6.000 €.
- Deceso accidental: 4.500 €.
  • A atención sanitaria prestarase na Clínica "La Rosaleda" presentando a "Declaración de Accidentes Para Centros Escolares", que será facilitada polo CPI. 
  • A compañía aseguradora é Mapfre.
  • O Seguro entrará en vixencia o 9 de novembro do presente ano, data na que teredes tamén a vosa disposicion a póliza no blog da ANPA.
  • Os nenos de 3º e 4º da ESO xa teñen o seguro ao que obriga a Consellería de Educación, pero poden contratar éste a maiores, se así o desexan.

  • O pago do seguro, que segue a ser a mesma do curso pasado, 13€/nen@ @s soci@s ou 15€/nen@ @s non soci@s, farase na seguinte conta: ABANCA ES93 2080 0320 2230 4000 2641.
  • No concepto de ingreso indicaremos: nome do proxenitor/cota 2015-16 + seguro (se te fas soci@) ou nome do proxenitor/seguro 2015-16 (se non te fas soci@).
  • Cubrir os datos requeridos para o seguro escolar na ficha de inscrición: data de nacemento e DNI do alumn@ (se posue).
  • O prazo de inscrición remata o 8 de novembro ás 24 horas.
  • Para tod@s os que queiran facer o pago en metálico, estaremos a vosa disposición os martes e xoves, de 16.30 a 17.00, no local da ANPA.